Novas probas de acreditación dos Celga 2 e 4
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2018 (ED114A).
Os exames realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada entre a segunda quincena de novembro e a primeira fin de semana de decembro. O prazo de inscrición nestes exames está aberto ata o 4 de outubro. As datas concretas de celebración das probas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, as solicitudes poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Acceso directo ao procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED114A
Volver atrás