Esta actividade pertence ao programa:
No Nadal... un conto: "Imos levarnos ben" (27 decembro 2019) Teis
No Mercado de Teis
Sesión de contadas interactivas, quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.
Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores...
Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.
“Non me non me,
que te que te.
Tremenda parvada teño diante!
Que, se enfadarse leva un suspiro,
facer as paces un instante!”