Esta actividade pertence ao programa:
No Nadal... un conto: "Imos levarnos ben" (26 decembro 2019) Calvario
Terá lugar na Asociación de Comerciantes do Calvario (ACECA) na rúa de San Roque, 109
Sesión de contadas interactivas, quentiñas, sen amplificación, acompañadas con actividades de creatividade e lúdicas. O diálogo, o intercambio de vivencias en torno á temática proposta, a participación directa dos rapaces/zas, a proximidade do 'contador de historias' con quen escoita e o protagonismo absoluto do libro... son elementos fundamentais para que a experiencia sexa enteiramente significativa, construtiva e que realmente se chegue a xerar hábito lector.
Ás veces portámonos mal e convertémonos en bechos insoportables; ás veces somos adorables e encantadores...
Contos de diversidade e interculturalidade, para a paz e a convivencia.
“Non me non me,
que te que te.
Tremenda parvada teño diante!
Que, se enfadarse leva un suspiro,
facer as paces un instante!”
Volver atrás