Esta actividade pertence ao programa:
No Nadal... un conto: "Imos cantar o Nadal" (26 decembro 2019) Teis
Actividade a cargo de Xandobela
Obradoiro participativo de recuperación de Cantos de Nadal
Esta é unha proposta que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances...); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos...); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis (pedir licenza; pedir o aguinaldo; os agradecementos...).
Imos cantar o Nadal: implica aos establecementos comerciais da contorna, bares, centros culturais, tendas...