SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel da actividade

Esta actividade pertence ao programa:

No Nadal... un conto

No Nadal... un conto: "Debulendo lendas... galegas" (30 decembro 2019)

No Nadal... un conto: "Debulendo lendas... galegas" (30 decembro 2019)

Tarabelos presenta este espectáculo de 55 minutos de duración, aproximadamente

Recollemos a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, "taraberizámola" e temos un espectáculo de contacontos debuxados ao 100 %, onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, vestir...

 

Pero, que significa "debuler"? Cando eu debuxo o que leo, entón "debuleo", e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor das nosa cultura galega... o valor para loitar pola vida... o valor da axuda dada e recibida... o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!... o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invecibles... o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada... e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala... valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos "Debuler"

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL