Esta actividade pertence ao programa:

No Nadal... un conto: "Contos nas orellas" (30 decembro 2019)
Bea Campos presenta estes contos con música de 50 minutos de duración
¿Como te chamas?
Comecastañas.
“Eu as como
e ti as apañas”
Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación…
Contos nas orellas é unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e da música.