Esta actividade pertence ao programa:
No Nadal... un conto: "Cantos, contos e outras animaladas" (26 decembro 2019) Navia
<p>Duración: 45 minutos</p>
INTENCIÓNS:
Cantos, contos e outras animaladas fálanos deses seres marabillosos que nos acompañan e forman parte da nosa familia, fomentando unha actitude de respecto cara a eles e denunciando o abandono e o maltrato animal.
Os contos de animais da nosa infancia reinvéntanse en historias actuais cheas de amor, humor e e tenrura, máis alá de idades, espazos ou fronteiras.
SINOPSE:
Peludos, tenros, comellóns, medorentos, curiosos, teimudos, únicos... e sempre adorables! Un galo cantareiro, unha ovella preguntona, un gato en apuros, unha rata fachendosa... becha, becho, bechiño ou bechoco? Ovo, rato ou toupa? Habitante doutra galaxia ou doce mascota?
Descubre que se agocha entre tanta animalada!!!