Nadal en Bouzas 2020

A Asociación Cultural da Vila de Bouzas quere presentarvos a campaña para este Nadal tan difícil e distinto que vai tocar vivir.

O concurso de decoración de fachadas de Nadal, en Bouzas o ano pasado foi un éxito e este ano, repetirémolo, pero con cambios importantes.

No Nadal 2019 foron os negocios de Bouzas os que donaron os agasallos, que consistían en productos ou servizos dos comercios, hostelería, perruquerías, ximnasios, etc.

Este ano, non o están a pasar ben, a pandemia afectou ou freou de cheo as súas vendas, polo que non nos vemos lexitimados a pedirlle un esforzo económico.

Entón, dámoslle a volta e seremos nós, os veciños e veciñas de Bouzas os que nestas festas, adornemos de maneira solidaria e sen ningún premio a cambio as nosas xanelas, balcóns, portas, cun único obxetivo: dinamizar e animar Bouzas, de modo que sexa unha actitude de amizade cara á veciñanza, á xente que pasea por Bouzas, aos negocios de Bouzas, de aí o seu nome
"APERTAS DENDE A XANELA".

Os negocios tamén entran no concurso, adornando os seus escaparates ou exteriores dos locais.

Asimesmo, facemos un chamamento para fomentar o consumo de proximidade, o consumo no barrio: "MERCA EN BOUZAS. DÁLLE VIDA".
Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza, agardando ver pronto unha Bouzas moi entrañable e engalanada.