Esta actividade pertence ao programa:

Música para arrolar e xogar, 5 decembro 2018
Obradoiro para cantar, bailar e xogar en familia, con Luís Prego.
Un novo obradoiro para aprendermos arrolos (cancións de berce) para as crianzas, e xogos e cancións infantís para practicar en familia. Destinado á rapazada de 0 a 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta, para facilitar o xogo e a música en galego, con cancións e xogos de mans que nos axudarán a descubrir as partes do corpo e a aprender recitados sinxelos.
Duración aproximada: 45 minutos
Volver atrás