SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Muller e nena  na ciencia. En galego facemos ciencia!

Muller e nena na ciencia. En galego facemos ciencia!

O Concello de Vigo, a través das concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística , está a desenvolver un programa de actividades para facer visible o papel da muller na ciencia e da lingua galega.

O proxecto busca achegar as nenas ao eido científico e visibilizar a todo o alumnado as contribucións das mulleres científicas. Tamén se busca pór en valor o galego como lingua científica, e que as alumnas e alumnos descubran que en galego tamén se fai ciencia.

Así mesmo, a nosa intención é ofrecerlle ao profesorado recursos didácticos sobre esta materia. Para iso, ademais das accións en directo, estarán dispoñibles nas webs municipais un conxunto de recursos para a participación na proposta sen conexión durante todo o curso escolar 2020/21.

Durante catro días, o Concello organiza un conxunto de actividades de Ciencia en Galego no que os alumnos e alumnas participantes coñecerán a obra de científicas relevantes e levarán a cabo retos en liña relacionados coa actividade investigadora e a nosa lingua. Asemade poremos á disposición dos centros interesados diversos materiais didácticos que permitirán traballar as temáticas obxecto deste proxecto nos centros.

As actividades van dirixidas a alumnado da ESO, BAC, modulos formativos de FP.

 

Recursos didácticos

 

 

 

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL