SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

MOITO POR DICIR, obradoiro para elaborar textos informativos (novembro-decembro 2018)

MOITO POR DICIR, obradoiro para elaborar textos informativos (novembro-decembro 2018)

Os martes e xoves de novembro poderás aprender a elaborar textos de carácter informativo (notas de prensa, artigos, reportaxes e artigos de opinión), para comunicar de xeito máis efectivo.

O obradoiro está destinado a persoas adultas, especialmente a aquelas que forman parte de asociacións veciñais, entidades deportivas e culturais, ANPAS e calquera entidade que desenvolva tarefas de comunicación. Estrutúrase en 8 sesións de 2 horas cada unha (16 h en total), que se celebrarán os martes e xoves, de 18.30 a 20.30 h, na aula de informática do edificio Carreras (antiga reitoría).

A metodoloxía será eminentemente práctica para facilitar ás persoas participantes a posibilidade de elaborar os seus propios textos.

A inscrición é de balde e cómpre formalizala no Servizo de Normalización Lingüística (andar 1º da Casa do Concello), ou a través do correo electrónico snl.actividades@vigo.org enviando o formulario que aparece nesta nova.

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL