SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Mes das ciencias en galego, novembro 2014

Mes das ciencias en galego, novembro 2014

REMATADA
No curso 2010-2011, o SNL xunto cos equipos de dinamización e a Uvigo artellou un programa de actividades tendentes a mostrar e demostrar que podemos falar, estudar e facer actividade científica en galego. Tratábase de dignificar a lingua de noso, de romper prexuízos e desbotar falsas ideas como que o galego é a lingua da cultura pero non da ciencia.

No curso 2010-2011, o SNL xunto cos equipos de dinamización e a Uvigo artellou un programa de actividades tendentes a mostrar e demostrar que podemos falar, estudar e facer actividade científica en galego. Tratábase de dignificar a lingua de noso, de romper prexuízos e desbotar falsas ideas como que o galego é a lingua da cultura pero non da ciencia.

Estas actividades desenvolvéronse ao redor do Día da Ciencia, xa que logo, da ciencia en galego e realizáronse por distintos lugares mais fundamentalmente polos centros de ensino.

Logo do éxito das actividades realizadas no 2011 e 2012, podemos dicir que a “Semana das ciencias” derivou, no 2013, no “Mes das ciencias” xa que dende o 5 de novembro até o 3 de decembro houbo un total de 56 obradoiros ofertados para todas as etapas escolares. Este ano, 2014, desenvólvense, neste mes, 82 actividades.

  • Para a etapa de infantil (5 anos):

-elaboración de plastilina:

Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elabórase un produto natural, semellante á plastilina, co que moldean o que desexan, que logo levan para casa.

Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren. Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores...). Desenvolvéronse 10 obradoiros.

-pasta de sal:

A pasta de sal é unha das masas que o alumnado pode realizar na contorna escolar.

Tras a súa elaboración con ingredientes cotiás, agardan o modelado e a creatividade ou a percepción da tridimensionalidade dos obxectos creados. Son 6 os obradoiros que se van desenvolver.

-elaboración de pasta de papel:

Experiencia lúdica e educativa na que o vocabulario básico é traballado de xeito didáctico e participativo, mentres elaboran papel reciclado. Desenvolvéronse 10 obradoiros.

  • Para a etapa de primaria:

-elaboración de crema dentífrica. (1º e 2º de primaria):

Neles, trabállase o léxico bucal, as distintas partes do aparello. Tamén frases feitas, refráns, cantigas no que apareza este léxico. Elaboran pasta dentífrica, achéganse á súa historia e rematan levando para casa a “crema” creada por elas e eles mesmos. Foron realizados 14 obradoiros.

-elaboración de sacos aromáticos (3º de primaria):

A través da exposición de dez plantas aromáticas fálase das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...

No obradoiro, o alumnado realiza sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno caderno aromático. Realizáronse 6 obradoiros

-elaboración de sales de baño (4º e 5º de primaria):

O romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, o sal ou anacos dun limón relado achégannos ao campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permítenos, ademais da súa elaboración, a fixación do léxico das especias e das herbas aromáticas. Serán realizados 14 obradoiros.

  • Para ESO, Bacharelato e FP

-esencias aromáticas a partir de plantas:

a través da exposición de dez plantas aromáticas fálaselles das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes...

Realízase unha destilación que dá como resultado unha auga floral con trazos de aceite esencial da planta destilada, maiormente lavanda. Realizaránse12 obradoiros.

-crema hidratante:

Neles ven o proceso de elaboración dunha crema hidratante O/W (aceite en auga) a través dunha emulsión con cera de abellas. Trátanse as distintas fases, os diversos emulxentes e os conservantes. E a cera de abellas permite falar dos graves problemas que está a pasar este animal tan necesario nas nosas vidas. Desenvolvéronse 12 obradoiros.

-elaboración de xabón:

A partir da receita tradicional elabórase xabón. Trabállase o vocabulario, tradición... e convértese ao alumnado en “expertas e expertos” químicos. Organizáronse 12 obradoiros.

-ungüentos e pomadas:

Os ungüentos e pomadas, preparados semisólidos feitos con graxas vexetais e extractos de plantas, teñen unha absorción e penetración elevada na pel. É unha das fórmulas máis antigas coñecidas e, no obradoiro, saberemos da súa preparación, das plantas, dos seus principios e da súa historia. Realizaranse 8 obradoiros.


Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL