SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

I Festa aniversario Rede CRIA 2018

I Festa aniversario Rede CRIA 2018

A asociación de Crianza Respectuosa, Informada e con Apego, Rede CRIA cumpre o seu primeiro ano de vida e quere celebralo cunha gran festa na que ademais dun concerto e un contacontos como espectáculos principais, presenta unha xornada de charlas, obradoiros e xogos para toda a familia.

Coa gran implicación por parte das familias socias, neste ano leváronse a cabo 14 accións de carácter formativas e 10 actividades de ocio das que gozaron máis de 300 asistentes, case a metade deles non asociados.

Grazas a traballar sempre baixo a premisa de presentar unha oferta conforme a unha Crianza Respectuosa Informada e con Apego, este proxecto está a atopar o seu oco como referente de crianza respectuosa en Vigo ao carón de asociacións e colectivos afíns máis veteráns.

E como a familia é o que máis nos importa, a cativanza sempre foi benvida a calquera das nosas propostas.

 

Aniversario:

Presentamos a I Festa Aniversario Rede CRIA.

Esta festa terá lugar o próximo domingo 3 de xuño no CSCD As Pedriñas, en Mos, con asistencia de balde e acceso ás actividades segundo o aforamento dispoñible.

Cé Orquesta ofrecerá un concerto e Cóntame e Cántame faranos desfrutar co contacontos co que cerraremos a xornada.

No medio, charlas expréss sobre lactancia, porteo e blw (alimentación complementaria), e obradoiros sobre parto en movemento, pintura, masaxe para bebés, zumba e ioga; ademais nas instalacións haberá espacios para o xogo libre, a creatividade e a relaxación así como un mercado de artesáns.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL