SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Esta actividade pertence ao programa:

Ludoteca Lingüística

Galego na Educación Física. «Bota e rebota e cae na túa boca»

Galego na Educación Física. «Bota e rebota e cae na túa boca»

Guía práctica para fomentar o galego na área de Educación Física

O presente material concíbese como un manual didáctico para o colectivo de mestres/as de Educación Física co obxectivo de que incorporen actividades de dinamización lingüística e de fomento do galego nas súas programacións didácticas. Entendemos que traballar de maneira transversal nas diferentes áreas de coñecemento garante a consecución dos obxectivos de aprendizaxe e ten un efecto multiplicador no asentamento dos contidos actitudinais, conceptuais e procedimentais que se queren achegar. Co nome 'Bota e rebota e cae na túa boca', preséntanse propostas eminentemente prácticas relacionadas directamente cos bloques de contidos das áreas de Educación Física e Lingua e Literatura Galegas. Deste xeito, o manual estará distribuído por ciclos (2º Ciclo de Educación Infantil; 1º Ciclo de Educación Primaria; 2º Ciclo de Educación Primaria e 3º Ciclo de Educación Primaria) e estruturado segundo os bloques de contidos das áreas de Educación Física e Lingua e Literatura Galegas.

Esta proposta xurde logo da posta en marcha do proxecto 'Ludotecas Lingüísticas', experiencia levada a cabo nos centros escolares de Vigo durante o mes de febreiro e marzo do ano 2012. A 'Ludoteca Lingüística' é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Sabendo da necesidade de fomentar o uso do galego no ámbito escolar, e constatada a boa acollida e o interese por parte dos centros escolares, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo quixo dar un paso máis alá e proxectou o deseño e elaboración da guía que tes agora fronte aos teus ollos para dotar ao colectivo docente de recursos para o traballo transversal dos contidos curriculares de Educación Física e Lingua e Literatura Galega en beneficio da consecución de competencias lingüísticas e culturais por parte do alumnado.

Guía completa.

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

Vídeo 4

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL