Faladoiros Vigo (2025-2026) Conversas en galego (aberto o prazo de inscrición)
<p>A Asociación Faladoiros Vigo presenta a sexta tempada dos seus Faladoiros, espazos de conversa en galego gratuítos nos que se xuntan persoas que falan habitualmente en galego (voluntarios/as da asociación) con outras que desexan practicar e mellorar a súa fluidez e competencia comunicativa no noso idioma.</p>
<p><img title="Faladoiros Vigo" src="https://snl.vigo.org/storage/posts/September2025/volven os faladoiros.jpg" alt="Volven os faladoiros Vigo" width="1080" height="1080" /></p>
<p><img title="Faladoiros Vigo" src="https://snl.vigo.org/storage/posts/September2025/volven os faladoiros.jpg" alt="Volven os faladoiros Vigo" width="1080" height="1080" /></p>
A edición 2025-2026 comezará o vindeiro 1 de outubro de 2025 con catro quendas semanais; tres delas presenciais (luns ás 19:00 h ou venres ás 11:30 h na cafetería da EOI de Vigo; e mércores ás 20:00 h no café de Catro a Catro) e unha cuarta que se organiza en liña (xoves ás 20:00 h).
Podes inscribirte no formulario que atoparás na páxina web da asociación.
