Exames de Celga 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia
Obxecto:
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, con código de procedemento administrativo PL500C.
Datas de realización das probas:
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2022, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
Localidades onde se van realizar as probas e niveis:
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Santiago de Compostela: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
Ponferrada: Celga 2, Celga 3 e Celga 4
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
Prezo/Taxa de cada inscrición: 16,92 euros
Entidades colaboradoras para o pago presencial:
Abanca
Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
Banco Pastor
Banco Popular
Banco Sabadell
Banco Santander
Bankia
Caixa Rural Galega
CaixaBank
Caja Rural Zamora
Correos
Evo Banco, S.A.
Ibercaja
Targobank