SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Onde

En Santiago de Compostela e Ponferrada

Datas
O prazo de presentación das solicitudes será do 16 de setembro ao 4 de outubro de 2024
Exames de Celga 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 4 de outubro 2024)

Exames de Celga 2, 3 e 4 (presentación de solicitudes ata 4 de outubro 2024)

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

 

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como neste mesmo Portal da Lingua Galega.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente (16,92 euros).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente (16,92 euros) aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 16 de setembro ao 4 de outubro).

 

O pagamento da taxa (16,92 euros) poderá realizarse de forma telemática ou presencial.

O pagamento telemático poderá efectuarse a través da sede electrónica, como un paso máis habilitado dentro do procedemento, caso no que o xustificante xa se xera automaticamente. Outra posibilidade é acceder directamente á Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/), pagar mediante tarxeta ou cargo na conta e achegar o xustificante.

Para realizar o pagamento de forma presencial, descargarase un modelo en branco da Oficina Virtual Tributaria para cubrir á man ou imprimirase xa cuberto grazas á aplicación e, posteriormente, presentarase nunha entidade financeira colaboradora. Así mesmo, este modelo tamén se poderá solicitar nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia. Finalmente, achegarase o xustificante de pagamento.

Os códigos correspondentes á taxa (16,92 euros) son:

Consellería: Cultura, Lingua e Xuventude. Código: 10.

Delegación: Servizos Centrais. Código: 13.

Servizo: Secretaría Xeral da Lingua. Código: 09.

Denominación taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL