En Santiago de Compostela e Ponferrada
Exames de Celga (presentación solicitudes ata 27 marzo 2023)
A Xunta de Galicia por Resolución do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca as probas/exames para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento da Xunta de Galicia PL500C).
As probas/exames dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa correspondente (16,92 euros): do 7 ao 27 de marzo.