Esta actividade pertence ao programa:
Enreguéifate 2021: que erga a man quen morra por regueifar!
Un certame de regueifas en vídeo que ten como obxectivo difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do galego. Os participantes deben presentar un vídeo en galego no que interactúen dúas persoas como mínimo, de temática libre e cunha duración máxima de 3 minutos. Establécense dúas categorías, unha para público xeral e outra para alumnado do ensino non universitario, e o xurado outorgará diferentes premios por cada categoría.
Volver atrás