SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Día Mundial de Elmer, maio 2018

Día Mundial de Elmer, maio 2018

<p>O personaxe creado polo ilustrador brit&aacute;nico David McKee -recentemente publicado en galego por KALANDRAKA- ser&aacute; a figura central dunha homenaxe simult&aacute;nea nos numerosos pa&iacute;ses nos que se publican as s&uacute;as aventuras.</p>
<p>&nbsp;</p>

LIBROS PARA SOÑAR DESPIDE A TEMPADA DE CONTACONTOS CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DE ELMER

LIBROS PARA SOÑAR anticípase este venres á celebración, o sábado 26, do Día Mundial de Elmer.

A libraría infantil do Casco Vello de Vigo organiza unha sesión de contacontos a partir das 18:30 horas e un taller de plástica creativa no que as nenas e os nenos participantes pintarán a figura do elefante multicolor, que quedará exposta ao público.

Canda Elmer, outras historias protagonizadas por diversos animais da selva completarán o repertorio desta sesión de animación á lectura, a derradeira do curso.

 

 

A sesión especial de contos para bebés do vindeiro mércores día 30, ás 17:30 horas, tamén será a última da tempada.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL