SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Datas
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición estará aberto entre o 13 de febreiro e o 3 de marzo de 2023
Documentación
DOG da convocatoria
Cursos de Celga en Vigo (febreiro 2023)

Cursos de Celga en Vigo (febreiro 2023)

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:
RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

En Vigo haberá un curso de Celga 4 presencial e de Celga 2, Celga 3 e Celga 4 en liña. Ver páxinas 13023 e 13024 do DOG da convocatoria.

 

Solicitudes e prazo de inscrición:
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a soli-citude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes.

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL