Escolas oficiais de idiomas de Galicia
Cursos de Celga e Linguaxe administrativa galega (LAG) (setembro-decembro 2024)
<p> </p>
<p><strong>O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá dende o día 1 ata o 12 de xullo de 2024</strong>, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-decembro)</p>
Os cursos de linguaxe administrativa están dirixidos ao persoal das administracións autonómica e local galegas, así como ao da Administración periférica do Estado en Galicia, exceptuando o persoal docente e sanitario.
Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregadas/os públicas/os e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregadas/os públicas/os.
Aos cursos preparatorios dos Celga poderán asistir todas as persoas maiores de dezaseis anos interesadas.
Volver atrás