SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Documentación
DOG da convocatoria
Cursos de Celga da Secretaría Xeral da Lingua (remata prazo o 5 de marzo)

Cursos de Celga da Secretaría Xeral da Lingua (remata prazo o 5 de marzo)

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Os cursos, preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), presenciais e en liña (ver anexos I e II da resolución), poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.galnova venta. Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.

Toda a información na seguinte ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0367/cursos-celga-2-3-4

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL