0
Cursos de Celga 1, 2, 3 e 4 (DOG do 14-02-2022)
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos presenciais e de teleformación de Celga 1, 2, 3 e 4.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria (14-02-2022).
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición.
Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes.
As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.
Volver atrás