Os cursos presenciais de Celga 2 e de Celga 4 terán lugar no IES Ricardo Mella (Estrada vella de Madrid, 177) Vigo
Cursos Celga da Xunta de Galicia, presenciais e en liña (presentación solicitudes do 10 ao 28 de febreiro de 2025)
<p>Os cursos presenciais (Celga 2 e 4) en Vigo serán:</p>
<p><img title="Cursos presenciais de Celga en Vigo" src="https://snl.vigo.org/storage/posts/February2025/celgas presenciais.jpg" alt="Cursos presenciais de Celga en Vigo" width="641" height="131" />Os cursos de Celga (Celga 2, 3 e 4) en liña serán:</p>
<p><img title="Curso de Celga en liña- Celga 2, 3 e 4" src="https://snl.vigo.org/storage/posts/February2025/Celga en liña.jpg" alt="Curso de Celga en liña- Celga 2, 3 e 4" width="519" height="153" /></p>
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.
Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral da Lingua unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.
PROBA DE NIVEL:
Co fin de conseguir o rendemento adecuado do curso, conforme o punto segundo, parágrafo 2, desta resolución, ao seleccionar a persoa interesada aquel en que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 10 ao 28 de febreiro).