SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Curso EN LIÑA de Narración oral (febreiro 2021)

Curso EN LIÑA de Narración oral (febreiro 2021)

Obradoiro Reinventar a tradición impartido por Paula Carballeira

Datas:    Xoves 4, venres 5, xoves 11 e venres 12 de febreiro de 2021
Horario:    De 17:00 h a 20:00 h (3 horas cada día. Total do curso: 12 horas)

É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia

Lugar:    En liña
Inscrición:    de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (deben poñer no título da actividade: narración oral)

 

Requisitos técnicos: Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes, cámara e unha boa conexión a internet

 

 

A estrutura e a simboloxía dos contos tradicionais poden converterse en boas aliadas das persoas que se adican á narración oral no século XXI, unha época onde se mira máis cara ao futuro que cara ao pasado. Pero como o tempo da ficción non responde aos mesmos parámetros que o tempo prisioneiro nos reloxos, descubramos cal é a tradición que reinventamos cando contamos historias, de onde vimos como narradoras, como narradores.

    Os aspectos que traballaremos serán:

    1.- Os referentes.
    · Memoria individual e memoria colectiva.
    · A herdanza cultural e emocional.
    · Fabulación e confabulación.

    2.- A selección das historias.
    · A conmoción. O impacto emocional.
    · A vixencia temática.
    · A empatía con quen recibe o conto.

    3.- Os elementos do conto tradicional no século XXI.
    · Os personaxes. Seguimos tendo heroes/ heroínas?
    · Os argumentos e os temas. As teimas. A obsolescencia.
    · Os espazos da narración. A introdución do espazo urbán.
    · A estrutura.

    4.- A busca da beleza na oralidade.
    · A creación de imaxes. Os recursos estilísticos: metáfora, hipérbole, reiteración,         metonimia...
    · A importancia das lembranzas. A capacidade de evocación.
    · A música e o ritmo das palabras.

    5.- O lugar reservado para a narración oral na sociedade.
    · Onde se conta?
    · Para quen se conta?
    · Cando se conta?

 

 

Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL