SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

Curso EN LIÑA de iniciación á escrita creativa (febreiro-marzo-abril 2021)

Curso EN LIÑA de iniciación á escrita creativa (febreiro-marzo-abril 2021)

Días e horario: (os xoves) 4, 11, 18, 25 de febreiro, 4, 11, 18, 25 de marzo e 8, 15, 22 de abril de 2021; de 19:00 a 21:00

Lugar: En liña (É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia)

Inscrición: De balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (Deben encher todos os datos e poñer no título da actividade: escrita creativa)

Requisitos técnicos: Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes, cámara e unha boa conexión a internet

Impartido por: Andreia Costas Otero

Gustaríache sacar todo o teu potencial creativo na escrita? Queres tentar as túas habilidades na lírica e na prosa en galego? Si a resposta é afirmativa, este é o teu obradoiro.

Na neuroloxía sábese que o coñecemento dun idioma fortalece a capacidade cognitiva e enriquecémonos como persoas co seu dominio. Un dos xeitos máis fermosos de medrar e practicar o emprego da creatividade. Embarcar nesta aventura é unha viaxe de compromiso en equipo. Abordo, agardan a inspiración e asemade o maior tesouro: atopar os teus textos.

Este obradoiro é unha aproximación a distintos eidos literarios en galego. Usar a lingua como unha experiencia vital sen restricións de medos ou prexuízos. Achégate a este obradoiro para practicar o uso do galego dunha forma amena, para que atopes o teu estilo. Empregaremos ferramentas para sacar historias que nos engaiolen e as chaves para acceder a “fervenza” inesgotable do teu talento.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL