Curso de achegamento á lingua galega (febreiro-marzo 2022)
Datas: 21, 25, 28 de febreiro: 2, 7, 9, 14, 16, 21, 22 e 24 de marzo de 2022
Horario: de 18:00 a 20:30. Os días 22 e 24 de marzo o horario será de 17:45 a 20:30
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5ª planta, aula núm. 3 (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57) google maps
Inscrición: Na páxina web da concellaría (snl.vigo.org), cubrindo o formulario inscrición. No Título de actividade hai que pór: lingua galega
O Curso de achegamento á lingua galega está dirixido a persoas con escasos ou nulos coñecementos do idioma, que procuran formación para se iniciar na lingua galega e acadar unha competencia básica no uso do galego estándar.
Impartido por: Ana María Vázquez Facchini
O obxectivo primordial é familiarizarse coa lingua galega dun modo práctico e dinámico, dotando o alumnado dos recursos necesarios para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoitar, falar, ler e escribir), que lle permitan satisfacer as súas necesidades de comunicación máis primarias.
Mediante a exposición directa na aula a un uso vivo do idioma, fomentaremos a participación activa do alumnado, concentrarémonos nas dificultades da aprendizaxe, para resolver as dúbidas coas que acotío se enfrontan as persoas usuarias do galego.
Dirixido a quen non teña coñecementos de galego ou sexan mínimos
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.