Convocatoria de exames/probas de Celga 2, 3 e 4
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como nesta mesma páxina web.