SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Onde

Escolas oficiais de idiomas de Galicia

Documentación
DOG da convocatoria
Convocatoria da XUNTA DE GALICIA dos cursos Celga e LAG nas EOI para o curso 2026/27 (Prazo de presentación das solicitudes: desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026)

Convocatoria da XUNTA DE GALICIA dos cursos Celga e LAG nas EOI para o curso 2026/27 (Prazo de presentación das solicitudes: desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026)

A Xunta de Galicia publicou a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso académico 2026/27.

A Xunta de Galicia convoca, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega (LAG) de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2026/27, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.


No caso dos cursos de linguaxe administrativa galega (LAG), os cursos do primeiro cuadrimestre impartiranse entre setembro e decembro; os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e abril.
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, impartiranse, os do primeiro cuadrimestre entre setembro e decembro, e os do segundo cuadrimestre, entre xaneiro e maio.


O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
    Desde o 29 de xuño ata o 10 de xullo de 2026, para os cursos do primeiro cuadrimestre.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL