SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo arrólate

Concerto de Pablo Díaz (25 novembro 2018)

Concerto de Pablo Díaz (25 novembro 2018)

Coas miñas mans é o nome deste concerto de música en galego para a xente miúda da casa.

O músico e investigador Pablo Díaz achegaranos, en forma de concerto, o seu último traballo discográfico publicado por Galaxia, 'Coas miñas mans', no que ofrecerá música destinada
a público infantil de 0 a 3 anos, para aprender os números, as cores, as comidas... pero tamén para cantarlle á lúa, á primavera... Cancións divertidas para medrar con alegría en lingua galega.
 
A entrada é de balde pero cómpre retirar as invitacións no SNL (en horario de 9 a 13.30 h), ou na conserxería do Concello de Vigo (en horario de 16.00 a 18.30 h), a partir do mércores.
Duración: 90 minutos
Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL