CIOV-Teatro lido, novembro-decembro 2013
REMATADA
A posta en valor do idioma galego a través do noso teatro
Nova actividade do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo que quere achegarnos á lingua de noso a través do teatro.
Está dirixido a persoas que queiran mellorar a súa expresión en galego a través do teatro lido e presenta un dobre obxectivo:
1.- traballar o idioma galego, lonxe de prexuízos, coñecer o pensamento e o teatro de Castelao
2.- falar en público e representar a obra “Os vellos non deben namorarse” en formato: teatro lido
Outro aspecto importante, será amosar aos demais o froito do noso traballo a través dun pequeno espectáculo.
Isto implica, en moitos casos, non só ter que interrelacionarse co público: falar nun auditorio, representar... senón tamén expoñerse a opinión dos demais.
Taller gratuíto de 8 días: 25 e 27 de novembro e 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro
Horario: de 17:30 h a 20:00 h
Lugar: salón de actos do Instituto Municipal de Educación (IME), camiño do Chouzo, núm. 2
Para inscribirse deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 h a 14:00 h do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (organizador do taller a través do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo)
Volver atrás