PRAZO DE INSCRICIÓN
PECHADO
CIOV-OBRADOIRO DE VOZ E COMUNICACIÓN, xuño 2022
O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV) oferta unha nova acción formativa. Trátase dun obradoiro no que traballaremos o dominio da voz a través da adquisición dos conceptos técnicos necesarios de forma amena, combinando contidos teóricos con práctica.
Será impartido por Esperanza Mara os vindeiros 2 e 7 de xuño no Verbum de 17:00 a 20:00
Inscricións de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (deben poñer no título da actividade: obradoiro de voz).