SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Documentación
Cartel do obradoiro
CIOV-Obradoiro de recolla da nosa tradición oral: ritmos e cantares (marzo 2022)

CIOV-Obradoiro de recolla da nosa tradición oral: ritmos e cantares (marzo 2022)

Datas: 10, 17, 24 e 31 de marzo de 2022
Horario: De 17:00 de 20:00
Lugar: Verbum (Avda. de Samil, 17) google maps
Saída: Ao remate das clases, faremos unha recollida de ritmos e cantares en Toutón, Mondariz (domingo, 3 de abril, en horario de tarde. Duración aprox.: 4 horas)

Inscricións de balde. Deben enviar un correo electrónico co seu nome completo e teléfono de contacto a actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto do correo: tradición oral)

A Concellaría de Normalización Lingüística e a A.C.F. O Fiadeiro organizan este obradoiro (impartido por Mário Pereiro) de recollida de patrimonio oral.
O obradoiro desenvolverase en 4 sesións de 3 horas cada unha. Cada sesión contará cunha parte teórica e outra prática.
O obradoiro versará sobre a recollida de información e a súa interpretación, centrada na música popular galega.

 

Este obradoiro de fai un pequeno recorrido polo proceso de recollida etnográfica da nosa tradición oral, centrándose na recollida de cantares e melodías. O obradoiro estruturase ao longo de 6 temas e remata cunha sesión de recolla etnográfica na parroquia de Toutón, Mondariz. Igualmente, cada un dos seis temas será mixto, contando cunha parte teórica e unha parte práctica.

Organización do obradoiro:
Tema 1: A música popular galega. Ámbito e conceptos básicos
Tema 2. O proceso de recollida de información: da teoría etnográfica á realidade
Tema 3. A interpretación das recollidas etnográficas. Do ‘vídeo’ ao feito
Tema 4. Máis alá das melodías, a tradición oral como achegamento a unha sociedade

Tema 5. A cultura material da música popular galega
Tema 6. Outras tradicións orais: dos contos aos cantares de berce
Saída: Recollida de ritmos e cantares en Toutón, Mondariz

 

O obradoiro será impartido por Mário Pereiro (1989). Arqueólogo, membro da ACF O Fiadeiro e integrante da sección de Pandeireteiros dende o ano 2015. Leva formándose no estudo nosa cultura popular dende o ano 2007, desenvolvendo traballo de campo sobre a tradición oral e sobre o vestir nos séc. XIX-XX.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL