CIOV-Dandylady con Desassossego, este venres na rúa da Oliva 14 ás 20.30, decembro 2013
REMATADA
Poesía escénica, un recital teatral-musical que nos ofrece Dandylady
Continuamos coa programación do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo.
Este venres, Dandylady, formación integrada por Iria Pinheiro (actriz) e Jesús Andrés (músico) presentan Dessassossego, cabaret poético.
Recital teatral-musical sobre o desacougo. Coa tecnoloxía dos anos 70 (un proxector de diapositivas, radiocasettes, transistores, unha máquina de escribir...) fálase da inquietude a través da poesía e da música. Cada tema musical foi composto para cada poema en concreto, empregando instrumentos como unha máquina de escribir, unha cámara de fotos analóxica, uns zapatos de tacón... pero tamén utilizando rexistros sonoros de momentos e espazos que lles resultan desacougantes, como entrar nun centro comercial ou sentir dende casa o funcionamento dun ascensor.
"Desassossego" este venres 20, a partir das 20.30 na rúa da Oliva,14, no local da asociación de comerciantes Vigo Vello.