CIOV-Curso de Narración oral (outubro-novembro-decembro 2021)
A Concellería de Normalización Lingüística oferta a programación de Narración oral do CIOV para o primeiro trimestre do curso 2021-2022
Consta de 3 obradoiros diferentes impartidos por cadanseu profesorado.
Cabe destacar que un dos obradoiros (por primeira vez) terá en conta a Lingua de Signos aplicada á Narración oral.
Para se inscribir debe cubrir o formulario “inscricións” que se atopa na páxina web snl.vigo.org
Pode anotarse aos 3 obradoiros, a 2 ou soamente a 1, pero ten cubrir un formulario por cada obradoiro no que se inscriba.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.