CIOV-Curso de improvisación teatral nivel 2 (maio-xuño 2019)
<p><br />A inscrición (poñer no título da actividade: improvisación teatral nivel 2) é de balde a través da web: <a title="Inscrición na actividade" href="https://snl.vigo.org/inscricion">https://snl.vigo.org/inscricion</a></p>
Decote empregamos distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos utilizados na nosa vida cotiá a un espazo de ficción, atopándonos nesa viaxe cunha serie de principios propios do teatro, que traballaremos dende un punto de vista eminentemente lúdico.
Empregaremos a creatividade teatral como recurso para fomentar a normalización da oralidade en galego como lingua de cultura e de ocio, para o que contemplamos dúas liñas de accións:
Incorporación de textos da literatura dramática galega contemporánea
Emprego da lingua como pauta nos xogos teatrais e nas improvisacións
O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverase a partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.
Este obradoiro está destinado a maiores de 18 anos non profesionais no eido das artes escénicas. O obradoiro é gratuíto.