CIOV-"Contos que non falten" por Celso F. Sanmartín, decembro 2013
REMATADA
Venres, 13 ás 22.00 h. La Pecera, Pizarro, 35
Este venres 13 ás 22.00 h en "La Pecera" (rúa Pizarro, 35), Celso F. Sanmartín con "Contos que non falten" levaranos a (re)encontrarnos con historias e contos ligados á tradición oral galega e europea. Relatos baseados no seu coñecemento familiar e na súa convivencia coa xente maior que foron recompilados dende moi novo por este contador-poeta e poeta-contador.
A narración é, para Celso Sanmartín, "un acto de amor, de sentido e de paixón pola lingua, pola oralidade, pola comunicación, por pensar que non se perda un verdadeiro tesouro de historias e contos". Tesouro que el no agocha senón quen comparte sempre con quen acudimos aos seus espectáculos de "comunicación desinteresada"