SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

CIOV-Brincar coas lendas: Obradoiro de Narración Oral (abril, maio 2019)

CIOV-Brincar coas lendas: Obradoiro de Narración Oral (abril, maio 2019)

Impartido por Ana Carreira

Este é o terceiro bloque do obradoiro para aprender recursos para a narración oral na escena.

Para contar un conto hai que ter moitas ganas de contalo. A narradora ou narrador ten que sentir a necesidade de comunicalo e crear un mundo de imaxes nas que mergullarse, só deste xeito o auditorio o poderá ver.
Neste obradoiro achegaremos os nenos ás  nosas lendas para descubrirlles os noso seres míticos, que en ocasións gardan moitas similitudes cos seres míticos doutras culturas.
Meterémonos na pel dos personaxes, espontaneamente, sen forzarse, a través de diferentes técnicas e recursos.
Brincaremos cos contos, coas palabras, co noso corpo, coa nosa voz,  con monicreques e tamén xogaremos cos obxectos a animalos , a espertar a metáfora que durme dentro deles, para que formen parte do espazo escénico e sirvan de reforzo da palabra sen quitarlle protagonismo.
 
Inscricións na propia web: inscricións
Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL