SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Ligazóns
Inscrición

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Charla e obradoiro sobre árbores e plantas medicinais (17 decembro 2018)

Charla e obradoiro sobre árbores e plantas medicinais (17 decembro 2018)

Marcelo Rodríguez (Faia Educación Ambiental) e Xabier Xil serán os guías desta actividade.

Invitámosvos a vos achegar ás plantas, ás árbores, aos seus usos tradicionais, nomenclaturas, toponimia, lendas... e mesmo a elaborar xabón de sabugueiro.
 
Sabemos da relevancia que as plantas, as herbas, as árbores tiveron e teñen na nosa vida cotiá. Son de vital importancia para manter a vida, garántennos medicamentos, nutren o solo e axudan a producir auga; nútrennos de osíxeno, purifican o aire, axudan a regular a temperatura, purifican a auga... Os seu uso é habitual na medicina, na cociña, na ciencia...

A actividade celebrarase o luns 17, ás 17.00 h na Casa da Xuventude (López Mora, 31), e está destinada a maiores de 16 anos.
É de balde pero cómpre inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística ou no teléfono 986810281.
Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL