Esta actividade pertence ao programa:
Avoas e avós educadores: a difícil tarefa de educar (21 novembro 2018)
Obradoiro impartido pola pedagoga e educadora infantil María Paredes.
Neste obradoiro traballarase unha guía, destinada a avoas e avós, para deixar de ser persoas coidadoras e converterse en educadoras; ofrecerá pautas para crear un espazo con posibilidades educativas, recursos e técnicas para educar gozando do tempo compartido coas netas e netos, e orientación sobre as necesidades psicolóxicas da infancia e da adolescencia.
Para avoas, avós e persoas coidadoras de crianzas de 0 a 6 anos.
Duración: 90 minutos
Volver atrás