Esta actividade pertence ao programa:
Arrolos
O programa "Vigo arrólate" achega recursos en liña. Arrolos, nanas, cantos de berce e outras cantigas para traerlles o sono ás nosas crianzas de vagariño e no colo.
Cantos con agarimo, con tenrura, dozura para lles cantar mentres adurmiñan. Tradición que chega até hoxe, que se recupera e que transmitimos como xeito de sermos.
Asemade, O Fiadeiro achega unha explicación sobre a orixe, evolución, portadoras… para coñecermos máis sobre os cantos de arrolos.