Esta actividade pertence ao programa:
Actuacións de Raquel Queizás para público familiar nas Festas de Vigo (agosto 2020)
O segredo do tendal
Sinopse:
Historias incríbeis e manipulación de obxectos
Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro?
É que neste espectáculo que xoga a tensar os límites entre os contacontos, os títeres e a pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, case nada é o que parece.
Grazas a unha técnica de manipulación de panos, inspirada nos mestres das marionetas orientais, o escenario pasa de amosar pezas de roupa secando ao sol a ser o interior dun castelo, un mar poboado por sereas ou a cova dun feroz polbo, gardián dun tesouro.
Inspirado nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias da miña avoa mentres tendiamos a roupa ao sol de agosto, preparei este espectáculo para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais.
Porque… habería máis cousas que contar, pero parece que secou a roupa…
Hora: 19:30
Día (agosto) Lugar(o lugar exacto da actividade está nun plano no arquivo "Cartel das actuacións de Raquel Queizás")
7 Matamá
9 Torreiro Coia
18 Mercado Teis
25 Praza da Miñoca
27 Sárdoma
29 Valadares
31 Cabral
Volver atrás