Esta actividade pertence ao programa:
Actuacións de Cé Orquestra Pantasma para público familiar nas Festas de Vigo (agosto 2020)
Novo espectáculo de Cé Orquestra pantasma, homenaxe ao que durante 10 anos acompañou as festas de toda unha xeración de nenos e nenas galegas.
Grazas ao ritmo e participación característicos do home orquestra, os pequenos e pequenas chegan a converterse nos auténticos protagonistas do espectáculo.
O divertimento está garantido grazas a un repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo: acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata caír de cú!!
Hora: 19:30
Día(agosto) Lugar (o lugar exacto da actividade está nun plano no arquivo "Cartel das actuacións de Cé Orquestra Pantasma ")
11 Lavadores
12 O Castro
14 Torreiro de Coia
18 Fragoselo-Coruxo
19 Beade
29 Matamá
30 Cabral
Volver atrás