Esta actividade pertence ao programa:
Actividade do programa "Vigo arrólate": "Xogos musicais" (26 decembro 2019)
DIRIXIDO A: nenos/as de 1 a 3 anos acompañados como máximo de dúas persoas adultas
DATA: Xoves, 26 de decembro de 2019
LUGAR E HORA: Escola Pro-Semente Vigo (Teis)
(Doutor Corbal, 102) ás 17:30
Duración: aproximada 45 minutos
IMPARTIDO POR: Luís Prego, profesor de canto e baile tradicional e autor dos libros “Para cantar e bailar” e “Xogos musicais”.
Prazo de inscrición: dende o martes, 3 de decembro e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
Sinopse:
Achegará cantigas, recitados e xogos de dedos para iniciar aos cativos e cativas nas melodías e ritmos tradicionais, traballando a psicomotricidade, o esquema corporal, o sentido do ritmo e desenvolvendo unha actividade musical en grupo.
As cantigas estarán acompañadas por música en directo, presentando aos participantes os diversos instrumentos empregados.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.