Actividade do programa "Vigo arrólate": "Toín, Toín" (3 xaneiro 2020)

DIRIXIDO A: Bebés (de 1 a 4 anos) acompañados dunha/dúas persoas adultas
DATA: Venres, 3 de xaneiro de 2019
LUGAR: Verbum (Avda. de Samil, 17)
PASE: Ás 17:30 Duración: 30 minutos, aproximadamente

IMPARTIDO POR: Raquel Queizás

ENTRADA CON INVITACIÓN PREVIA
Actividades no Verbum

As actividades organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística no Verbum terán, as seguintes normas:

Para acceder cómpre retirar previamente a invitación no Servizo de Normalización Lingüística (Casa do Concello, 1.º andar. Horario: de 9.00 a 13.30 h; e de 16.00 a 18.30 h na conserxería - planta baixa -).
Nas actividades destinadas a público infantil, só poderán asistir un máximo de dúas persoas adultas por cada nena/o.
Coa actividade iniciada non se permitirá o acceso.

Sinopse:
É hora de durmir, hai unha fermosa lúa arriba no ceo. todo está en silencio chsssss! PRRRRR!!!! PoPoPoooPoooo!!!!! TOÍN TOÍN!!! A pequena coella non para de brincar, non quere durmir sen o seu conto. Papá coello comeza a lerlle un conto, e de súpeto antes de rematalo, papá quédase durmido Zzzzzz! A hora de furmir sempre se presenta como unha aventura. TOÍN, TOÍN é un espectáculo de contos con monicreques de mesa acompañado de instrumentos musicais sinxelos para gozo dos máis pequenos da casa e das súas nais e pais.