Esta actividade pertence ao programa:
Actividade do programa "Vigo arrólate": "Obradoiro o meu bebé intelixente" (5 decembro 2019)
DIRIXIDO A: Bebés (de 0 a 3 anos) acompañados dunha (1) persoa adulta
DATA: Xoves, 5 de decembro de 2019
LUGARES E HORAS: Escola Infantil Municipal Mestres Goldar
(rúa dos Mestres Goldar, 15) ás 16:30
Escola Infantil Municipal de Navia
(rúa de Pedra Seixa, 37) ás 18:30
Duración: aproximada 1 hora
IMPARTIDO POR: Raquel Bello, pedagoga e educadora infantil con dilatada experiencia en formación para familias
Prazo de inscrición: dende o martes 26 de novembro e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
Sinopse:
Sesión psicoloxía xeral sanitaria-atención temperá: estimulación e prevención de dificultades de desenvolvemento lingüístico e promoción do benestar físico, mental e social na infancia desde a psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.