Esta actividade pertence ao programa:
Actividade do programa "Vigo arrólate": Obradoiro "Educando nas emocións" (29 de novembro de 2019)
DIRIXIDO A: Bebés acompañados dunha (1) persoa adulta
DATA: venres, 29 de novembro de 2019
LUGARES E HORAS: Escola Infantil Municipal Mestres Goldar
(rúa dos Mestres Goldar, 20) ás 16:30
Escola Infantil Municipal Tomás A. Alonso (COMPLETAS TODAS AS PRAZAS)
(rúa de Tomás Alonso, 78) ás 18:30
Duración 60 - 90 minutos
IMPARTIDO POR: María Paredes, pedagoga e educadora infantil
Prazo de inscrición: dende o luns 18 de novembro e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
Sinopse:
Obradoiro para tomar conciencia das nosas propias emocións ou alleas e aprender a xestionalas
Obxectivos:
Identificar e tomar conciencia das nosas propias emocións ou alleas
Aprender estratexias para xestionar as emocións
Dotar aos pais e nais de información para saber como actuar ante determinadas emocións dos seus fillos e fillas
Desenvolver a habilidade para xerar emocións positivas
Ofrecer recursos para educar nas emocións no fogar
Contidos:
Intelixencia emocional e os seus beneficios para os/as nenos/as
¿Que son as emocións? Tipos
Recursos para educar nas emocións
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.