Actividade do programa "Vigo arrólate": "Obradoiro de arrolos" (10 decembro 2019)

Actividade do programa "Vigo arrólate": "Obradoiro de arrolos" (10 decembro 2019)

Aberto o prazo de inscrición

DIRIXIDO A:            Bebés de 0 a 2 anos acompañados dunha (1) persoa adulta
DATA:                    Martes, 10 de decembro de 2019
LUGAR E HORA:        Escola Infantil Municipal Santa Cristina de Lavadores
                                      (rúa de Santa Cristina, 1) ás 16:30
Duración:                aproximada 1 hora

IMPARTIDO POR:     Asociación Cultural Folclórica “O Fiadeiro”

Prazo de inscrición: dende o mércores 27 de novembro e ata completar as prazas
Inscrición:  deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto

Sinopse:

Unha experiencia íntima entre pais/nais e bebés, onde se poderán aprender algúns dos cantos de arrolo tradicionais transmitidos de xeración en xeración coa finalidade de tranquilizar e adormecer aos cativos/as.


Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión,  oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Máis sobre o programa Vigo arrólate