Actividade do programa "Vigo arrólate": "Kenka... un Kenko!" (27 decembro 2019)

DIRIXIDO A: Bebés (de 6 meses ata 3 anos) acompañados dunha/dúas persoas adultas
DATA: Venres, 27 de decembro de 2019
LUGAR: Verbum (Avda. de Samil, 17)

PASES: (2 pases) ás 17:50 e ás 18:45

Duración: 35 minutos, aproximadamente

IMPARTIDO POR: Cris de Caldas e Xabi do Camiño

ENTRADA CON INVITACIÓN PREVIA
Actividades no Verbum
As actividades organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística no Verbum terán, as seguintes normas:

Para acceder cómpre retirar previamente a invitación no Servizo de Normalización Lingüística (Casa do Concello, 1.º andar. Horario: de 9.00 a 13.30 h; e de 16.00 a 18.30 h na conserxería - planta baixa -).
Nas actividades destinadas a público infantil, só poderán asistir un máximo de dúas persoas adultas por cada nena/o.
Coa actividade iniciada non se permitirá o acceso.

Sinopse:
Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!! chorou a nena. E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu. Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas verbas tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto. Un ou dous ou tres…
Ese momento tan fermoso, no final do día, no que os cativos reclaman unha historia que os acompañe nos sonos, é o xerme deste espectáculo que mestura contos, retrousos, adiviñas, literatura infantil e tradición oral e música en directo.